21.4.07

Quartoescuro estrea nova montaxe "UNHA PARELLA IDEAL"


Teatro Quartoescuro presenta unha nova montaxe, que se estreará o 25 de maio no Salón Teatro de Santiago dentro da mostra de teatro universitario da USC.

Con "Unha parella ideal" volvemos ao terreo da comedia, no que comezamos e que tantas satisfaccións nos trouxo, cunha historia aparentemente absurda, que fala das casualidades do cotián.

Ademais o 23 e 30 de xuño voltaremos á casa que nos viu nacer, o Teatro Principal de Pontevedra, onde a compañía se presentou por primeira vez ante o gran público con aquela comedia que seguro recordaredes con cariño: "Eu son un sernormal".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sei que chego con meses de retraso, pero é que quedei coas ganas de dicir que foi xenial a obra no Salón Teatro. Noraboa!! E como tardaremos en volver a vernos: moita sorte e un millón de bicos. A ver se hai máis obras este ano!